DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 14 de outubro de 2026 Páx. 52411

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

DECRETO 104/2026, do 13 de outubro, polo que se nomea directora da Axencia Pública Autonómica para o Control do Medio Mariño de Galicia a María Covadonga Salgado Blanco.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, no artigo 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 74/2026, do 29 de xuño, polo que se suprime o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, se crea a Axencia Pública Autonómica para o Control do Medio Mariño de Galicia e se aproban os seus estatutos, por proposta da conselleira do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de outubro de dous mil vinte e seis,

Nomeo directora da Axencia Pública Autonómica para o Control do Medio Mariño de Galicia a María Covadonga Salgado Blanco.

Santiago de Compostela, trece de outubro de dous mil vinte e seis

O presidente
P.S. (Artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro)
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar