De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Ourense, con enderezo na avenida de Zamora, 13, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 1 de outubro de 2026
Cristina Estrella Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense
ANEXO
Expediente: 32S001/064/2026.
Persoa interesada: Mas Sumar Peroxa, S.L.
CIF/NIF: B32496028.
Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador en materia de consumo 32S001-064-2026.
Acto adoptado por: instrutor do procedemento.
Expediente: 32S001/125/2026.
Persoa interesada: Lavadero Los Villares, S.L.
CIF/NIF: B88442041.
Acto notificado: acordo de inicio de expediente sancionador 32S001/125/2026.
Acto adoptado por: xefa do Servizo de Consumo de Ourense.
