DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 14 de outubro de 2026 Páx. 52515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 5 de outubro de 2026 polo que se notifica a comunicación da continuidade de actuacións no expediente P-UL-71.01.03.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 10 de setembro de 2026, continuar as actuacións no expediente sancionador P-UL-71-01/03, para seguir coa executoria 233/2016 da Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Pontevedra, praza número 3, polo que procede realizar unha visita para comprobar o estado actual das obras obxecto do devandito expediente, que terá lugar o 20 de outubro de 2026.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da visita ás persoas interesadas con DNI 335240322K, 32767246C, 35284002R, 35978477R e á persoa interesada con DNI 33169415B e á súa cónxuxe, da que se descoñece o DNI, mediante este anuncio, e ao abeiro do que dispón o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas o devandito trámite mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade por mor do previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícaselles ás persoas interesadas que o texto íntegro do trámite que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situada na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de que transcorra o devandito prazo, a notificación considerarase producida.

Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística