DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 14 de outubro de 2026 Páx. 52514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de setembro de 2026 pola que se emprazan os interesados no procedemento abreviado número 148 2026 no expediente de reposición da legalidade LU-0114-2025.

Para os efectos de lle dar cumprimento ao solicitado pola Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Lugo, praza número 1, en relación co procedemento abreviado número 148 2026, interposto pola persoa con DNI 34924724Y contra a resolución ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en recurso de reposición o día 21.4.2026, interposto contra a Resolución do 27 de novembro de 2025 (expediente LU-0014-2025) pola que se declara prescrita a infracción tipificada polo artigo 90.2.g) da Lei de costas, presuntamente cometida, e se ordena a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior á comisión da infracción polas obras e instalacións situadas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre (DPMT) na parcela con referencia catastral 27064A003009470000PT, sita no concello do Vicedo, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente á Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Lugo, praza número 1.

Ao non se poder realizar a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase á persoa con DNI 34905682P para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2026

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección
da Legalidade Urbanística