De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE número 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 1 de outubro de 2026 do proxecto Enlace entre a autoestrada AG-57 e a avenida Clara Campoamor (PO/23/171.01), no concello de Vigo (Pontevedra), promovido por Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e RC Celta.
Este informe poderase consultar na ligazón https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
