DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 14 de outubro de 2026 Páx. 52500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 1 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de explotación e plan de restauración para a actualización e a ampliación da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Montegrande número 299, no concello de Verea (Ourense) (expediente 2025/0229).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE número 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 30 de setembro de 2026 do proxecto de explotación e plan de restauración para a actualización e ampliación da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Montegrande número 299, no concello de Verea (Ourense), promovido por Hormigones Carral, S.L.

Este informe poderase consultar na ligazón https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade