DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 14 de outubro de 2026 Páx. 52504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2023/14 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio comunícaselles a todas as persoas interesadas os pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación, que se realizarán no Concello de Cervantes, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou os titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF así como os documentos que acrediten a titularidade.

Lugo, 29 de setembro de 2026

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/14 AT.

Entidad beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTA, CTI e RBT San Román II, Cervantes.

Convocatoria para o pagamento dos prezos xustos no concello de Cervantes.

Titular

Día

Hora

Predio

María García Rios

18.11.2026

11.00

1

Regina Témez Peláez

18.11.2026

11.00

1

Descoñecido

18.11.2026

11.00

2