DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 14 de outubro de 2026 Páx. 52508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 2 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de documentación no expediente PR905A 2026/903 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento de documentación.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar a documentación se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración; praza de Mazarelos, 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, tamén se lles comunica ás persoas interesadas que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se non presentan a documentación que se lles require no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE, se considerarán desistidas da súa solicitude, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2026

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Procedemento/nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

PR905A 2026/903

55896309F

Requirimento

26.8.2026

PR905A 2026/1017

55852460L

Requirimento

3.9.2026