De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que publicarse no Boletín Oficial del Estado, e a súa data de publicación será a que determine a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado pola persoa instrutora do expediente.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, número 2, Edificio Administrativo de Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Unha vez transcorrido o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 30 de setembro de 2026
María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: SAN-CO-0213/2026-IA.
DNI denunciado: 32604134R.
Acto de notificación: proposta de resolución.
