De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e intentada a notificación á persoa responsable sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Noia, por este anuncio ponse de manifesto o incumprimento, por parte da pola persoa responsable que a continuación se indica, da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Data da acta de inspección |
Referencia catastral |
Localización, polígono, parcela |
Persoa responsable |
|
28.8.2024 |
15058A04200278 |
Boa (San Pedro), Noia, Coruña (A) 42 0278 |
33230149W |
|
28.8.2024 |
15058A04200537 |
Boa (San Pedro), Noia, Coruña (A) 42 0537 |
76490695D |
|
28.8.2024 |
15058A04200547 |
Boa (San Pedro), Noia, Coruña (A) 42 0547 |
33229092A |
|
28.8.2024 |
15058A04200554 |
Boa (San Pedro), Noia, Coruña (A) 42 0554 |
31166513H |
|
28.8.2024 |
15058A04200557 |
Boa (San Pedro), Noia, Coruña (A) 42 0557 |
33115448W |
|
28.8.2024 |
15058A04200641 |
Boa (San Pedro), Noia, Coruña (A) 42 0641 |
33089223C |
|
28.8.2024 |
15058A04200644 |
Boa (San Pedro), Noia, Coruña (A) 42 0644 |
32589127J |
|
28.8.2024 |
15058A04200646 |
Boa (San Pedro), Noia, Coruña (A) 42 0646 |
33089223C |
|
28.8.2024 |
15058A04200698 |
Boa (San Pedro), Noia, Coruña (A) 42 0698 |
76445199F |
|
28.8.2024 |
15058A04200936 |
Boa (San Pedro), Noia, Coruña (A) 42 0936 |
32326853P; L1519068X |
|
28.8.2024 |
15058A04200947 |
Boa (San Pedro), Noia, Coruña (A) 42 0947 |
32326853P; L1519068X |
|
28.8.2024 |
15058A04200989 |
Boa (San Pedro), Noia, Coruña (A) 42 0989 |
33154885V |
|
28.8.2024 |
15058A04201228 |
Boa (San Pedro), Noia, Coruña (A) 42 1228 |
76968944L |
1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que nas actas de inspección indicadas se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta notificación.
Lémbraselles ás persoas que resulten responsables consonte o artigo 21.ter que deben proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión da biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistiren no incumprimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberán estar completadas antes do primeiro día de abril.
2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de 900,00 euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben poderase proceder á execución subsidiaria a través da realización, por parte da Administración, das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100,00 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen o consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Administración, poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria por parte da Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.
Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:
|
Nº de expediente |
Referencia catastral |
Hectáreas afectadas por execución subsidiaria |
Estimación de prezo por hectárea |
Liquidación provisional |
|
2024/15058A04200278 |
15058A04200278 |
0,3259 |
3.545,82 € |
1.155,41 € |
|
2024/15058A04200537 |
15058A04200537 |
0,0022 |
1.688,89 € |
3,77 € |
|
2024/15058A04200547 |
15058A04200547 |
0,0462 |
1.688,89 € |
78,00 € |
|
2024/15058A04200554 |
15058A04200554 |
0,0312 |
1.688,89 € |
52,63 € |
|
2024/15058A04200557 |
15058A04200557 |
0,0082 |
1.688,89 € |
13,80 € |
|
2024/15058A04200641 |
15058A04200641 |
0,0819 |
1.688,89 € |
138,35 € |
|
2024/15058A04200644 |
15058A04200644 |
0,0221 |
1.688,89 € |
37,25 € |
|
2024/15058A04200646 |
15058A04200646 |
0,0749 |
1.688,89 € |
126,58 € |
|
2024/15058A04200698 |
15058A04200698 |
0,0443 |
3.545,82 € |
157,13 € |
|
2024/15058A04200936 |
15058A04200936 |
0,0239 |
3.545,82 € |
84,79 € |
|
2024/15058A04200947 |
15058A04200947 |
0,1702 |
3.545,82 € |
603,64 € |
|
2024/15058A04200989 |
15058A04200989 |
0,0510 |
3.545,82 € |
180,72 € |
|
2024/15058A04201228 |
15058A04201228 |
0,0079 |
3.545,82 € |
27,96 € |
4º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxecto de evitar os incendios forestais e o comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador, para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal, a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias na materia de incendios forestais por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
No caso das infraccións recollidas no artigo 50.2, números 1), 2) e 3), serán competentes para incoar o procedemento sancionador os servizos de inspección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística correspondentes por razón do territorio, de acordo coa súa estrutura orgánica.
2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencias na materia de incendios forestais:
a. A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.
b. O órgano competente en materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.
c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.
d. No caso das infraccións recollidas no artigo 50.2, números 1), 2) e 3), será competente a persoa titular da dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.
No caso das infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, a adhesión á Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística producirá a atribución a esta das competencias sancionadoras dos municipios integrados, de acordo co que se estableza nos correspondentes convenios de adhesión. Estas competencias exerceranse por delegación, de acordo co establecido na lexislación aplicable á Axencia.
b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.
c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).
d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas, de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.
5º. O texto íntegro da comunicación estará á disposición das persoas destinatarias na Sede Electrónica do Concello de Noia.
Noia, 16 de setembro de 2026
Francisco Pérez Caamaño
Alcalde presidente
