De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D), convocado mediante a Orde do 21 de xullo de 2026 (DOG número 143, do 31 de xullo) e por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, de conformidade coa disposición adicional única da citada orde, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública,
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D).
A Estrada, 8 de outubro de 2026
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega
de Seguridade Pública
ANEXO
Proceso selectivo de acceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D)
– Tribunal titular:
• Presidenta: Paula Cajaraville Leiro, fiscala da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
• Secretaria: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.
• Vogais:
Martina Marcos Mosquera, oficial do corpo da Policía Local do Concello de Ames.
Alejandro Trasbach Somoza, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Vilagarcía de Arousa.
Diego García Fariña, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Ordes.
– Tribunal suplente:
• Presidenta: María Rey Rivera, fiscala da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
• Secretario: Manuel Castro Escariz, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Caldas de Reis.
• Vogais:
Lorena Ponte Saavedra, oficial do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.
Héctor Corgo Souto, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Narón.
Begoña del Río Martínez, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.
