DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 14 de outubro de 2026 Páx. 52477

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de patrón, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 23 de maio), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 24 de setembro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 9 de setembro de 2025 (DOG núm. 176, do 12 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de patrón, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (DOG núm. 98, do 23 de maio),

RESOLVE:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas. Ao existir empate na puntuación de dous aspirantes, a orde de prelación vén determinada polo disposto na base IV.1 da convocatoria, e neste caso acódese á puntuación obtida na parte de contido teórico do primeiro exercicio. De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevar esta relación á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2026

José Antonio Baliñas Pazos
Presidente do tribunal

ANEXO

Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo

Acceso libre

Nº de orde

NIF

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

Total

1

***9732**

González Valle, Santiago

92,14

Apto

92,14

2

***2897**

Piñeiro Gómez, Diego

91,78

Apto

91,78

3

***1157**

Iglesias Pereira, Brandán

87,85

Apto

87,85

4

***9636**

García Meilán, Marcos

82,32

Apto

82,32

5

***5063**

Martínez Varela, Iván

82,14

Apto

82,14

6

***1372**

Carabelos González, David

76,78

Apto

76,78

7

***2030**

Sambad Castro, Abraham

72,67

Apto

72,67

8

***9755**

Dubra Bello, Yolanda

67,14

Apta

67,14

9

***0901**

Pérez Caamaño, Aarón

67,14

Apto

67,14

Ao existir empate na puntuación dos aspirantes que figuran nos postos 8 e 9, a orde de prelación veu determinada pola aplicación do disposto na base IV.1, e neste caso acudiuse como criterio de desempate á puntuación obtida na parte de contido teórico do primeiro exercicio: 60,25 respostas netas acertadas dun total de 90, obtidas pola aspirante que figura no posto 8, fronte a 57,50 respostas netas acertadas do aspirante que figura no posto 9.

Promoción interna

Nº de orde

NIF

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

Total

1

***6603**

Outeiro Padim, Heladio

68,47

Apto

68,47