DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 14 de outubro de 2026 Páx. 52475

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de mecánico, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 23 de maio), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 24 de setembro do 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 9 de setembro de 2025 (DOG núm. 176, do 12 de setembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de mecánico, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (DOG núm. 98, do 23 de maio),

RESOLVE:

Primeiro. Declarar exentas da realización do terceiro exercicio do proceso selectivo a todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, por ter acreditado ante a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal o nivel de coñecemento da lingua galega, de acordo coa base II.1.1.3 da convocatoria.

Segundo. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas. De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar esta relación á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer un recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2026

José Antonio Baliñas Pazos
Presidente do tribunal

ANEXO

Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo

Núm. de orde

NIF

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

Total

1

***8180**

Sánchez Vicente, David

89,46

Apto

89,46

2

***1847**

Breijo Hermida, Luis Manuel

75,17

Apto

75,17

3

***0280**

Marcote Papín, Mª de los Ángeles

73,75

Apta

73,75

4

***3991**

Vázquez Hermo, Ramón Manuel

71,42

Apto

71,42

5

***9189**

González Bouzas, Juan Carlos

65,89

Apto

65,89

6

***0144**

González Alfonso, Marcos

63,21

Apto

63,21

7

***3789**

Baqueiro Hervello, Juan Evencio

63,03

Apto

63,03

8

***9318**

Barros Martínez, Salvador

58,57

Apto

58,57

9

***6510**

Castrillón Bujía, Rafael

52,67

Apto

52,67