Está en trámite unha concesión administrativa a favor de Iberdrola Clientes, S.A.U. para a ocupación do dominio público portuario para a instalación dun servizo de carga para vehículos eléctricos no porto de Porto do Son, de acordo coa Resolución de inicio do trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 9.4.2026, con base no documento técnico Proxecto da actividade de prestación de servizos de recarga de vehículos eléctricos nun porto de Galicia, asinado en marzo de 2025 polo enxeñeiro técnico industrial F. Javier Taberner Sanchis, colexiado núm. 8654.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do xoves 14 de diciembre), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, núm. 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 23 de xullo de 2026
Juan Sanmartín Ferreiro
Director de Portos de Galicia
