DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 15 de outubro de 2026 Páx. 52790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 1 de outubro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción polo vencemento do prazo de concesións de augas (expediente DH.A15.11965 e seis máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo vencemento do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A15.11965 e seis máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A15.11965

Alberto Facal Castiñeira

384 m3

Río

Doméstico

L: Coéns

P: Sarce (San Amedio)

C: Laxe

DH.A15.14794

Concello de Aranga

6.308 m3

Dous mananciais

Doméstico

L: Lesteiras e Revolta do Foxo

C: Aranga

DH.A15.16167

Ángel Rodil Pérez

631 m3

Manancial

Doméstico

L: Leiro

P: Leiro (Santaia)

C: Abegondo

DH.A15.17173

Constante Fernández Mouriño

4.635,79 m3

Manancial

Doméstico e gandeiro

L: Gramil

P: Dombodán (San Cristovo)

C: Arzúa

DH.A15.16534

Carlos Mouriño Rosal, Pedro Vázquez Amigo, María del Pilar Cao Sánchez

946 m3

Manancial

Industrial

L: Vizoño

P: Vizoño (San Pedro)

C: Abegondo

DH.A15.21015

General Ganadera del Norte, S.L.

20.498 m3

Dous pozos

Gandeiro

L: El Abelar I

P: Vizoño (San Pedro)

C: Abegondo

DH.A15.21016

General Ganadera del Norte, S.L.

19.237 m3

Dous pozos

Gandeiro

L: El Abelar II

P: Vizoño (San Pedro)

C: Abegondo