DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 15 de outubro de 2026 Páx. 52714

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, convocado mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 231, do 28 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 6 de outubro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 23 de abril de 2026 (DOG núm. 80, do 30 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2025 (DOG núm. 231, do 28 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, así como nos criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio do proceso selectivo establecidos por este tribunal o 7 de setembro de 2026, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cincuenta (50) puntos.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, no portal web corporativo da Xunta de Galicia xunta.gal/funcion-publica

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer un recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2026

Marcos Rodríguez Rey
Presidente do tribunal