DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 15 de outubro de 2026 Páx. 52727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 3 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución ditada no expediente BS613A 32/006/26.

Ao abeiro do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, logo de intentar a notificación da resolución ditada no expediente no último enderezo coñecido da persoa interesada, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselle a través deste anuncio a devandita resolución á persoa citada no anexo, que se empraza para que no prazo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, compareza en persoa ou debidamente representada, nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense (rúa Sáenz Díez, 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro da resolución. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución poderá formular dentro dos 15 días hábiles seguintes á súa recepción as alegacións e probas que considere oportuno, de conformidade co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o devandito prazo sen formular alegacións, a resolución adquire firmeza, e poderase interpoñer contra esta recurso de alzada no prazo dun mes perante a persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia (artigos 121 e 122 da Lei 39/2015).

Ourense, 3 de setembro de 2026

Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense

ANEXO

Procedemento BS613A

Núm. de expediente

Persoa interesada

Resolución

Data da resolución

32/006/26

45616272G

Desistencia

11.5.2026