Logo de examinar o expediente instruído por solicitude da empresa Nedgia, S.A., con enderezo para os efectos de notificacións na rúa Lisboa, edificio Área Central, local 31 HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), resultan os seguintes:
Antecedentes:
A Consellería de Industria e Comercio, mediante a Orde do 15.4.1996, outorgou a Enagas, S.A. a concesión administrativa para a condución e subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Abegondo, Carral, Cambre, Culleredo, Arteixo, Oleiros, Sada e A Coruña.
Como consecuencia da escisión de activos realizada por Enagas, S.A. a favor de Gas Natural SDG, S.A., levada a cabo en 1999, esta última empresa pasou a ser a titular da devandita concesión administrativa, así como dos proxectos de execución das infraestruturas gasistas aprobadas pola Dirección Xeral de Industria ao abeiro dela.
Así mesmo, os activos de transporte e distribución que ata setembro de 2005 pertencían a Gas Natural SDG, S.A. foron adquiridos, respectivamente, por Gas Natural Distribución SDG, S.A. e Gas Natural Transporte SDG, S.L., e estas novas empresas sucederon a Gas Natural SDG, S.A. nas actividades de distribución e transporte de gas natural.
A Dirección Xeral de Enerxía e Minas, mediante a Resolución do 25.9.2015, autorizou a transmisión de varios activos de distribución de gas natural de alta presión, pertencentes a Gas Natural Distribución SDG, S.A. a favor de Gas Natural Infraestructuras Distribución Gas SDG, S.A., entre as que se atopan as realizadas ao abeiro da orde citada no primeiro parágrafo (Orde do 25.9.1998, da Consellería de Industria e Comercio), coas correspondentes autorizacións administrativas.
En 2016, a sociedade Gas Natural Infraestructuras Distribución Gas SDG, S.A. pasou a denominarse Gas Natural Redes Distribución de Gas SDG, S.A. e, en 2018, cambiou novamente a súa denominación pasando a ser Nedgia Redes Distribución de Gas, S.A. e finalmente, en 2018 pasou a denominarse Nedgia, S.A.
Feitos:
Primeiro. O 23 de abril de 2026, a mercantil Nedgia, S.A. solicitou a aprobación do proxecto de execución denominado Ampliación de rede AO DN 4” e nova acometida AO DN 2” de gas natural á industria Profand Cambre, S.L.U. en MOP 16 bar, no termo municipal de Cambre (A Coruña), promovido por Nedgia, S.A.
Co fin de dotar de subministración de gas natural a nave que a empresa Profand Cambre S.L.U. ten no polígono industrial de Espírito Santo, no concello de Cambre, proxéctase a ampliación da rede de gas existente denominada RAA-I015.01, instalando unha nova rede de aceiro de 4” de diámetro e unha acometida de 2”.
Conforme o anterior e coa finalidade de cumprir as exixencias técnicas de conexión coa rede de distribución necesarias para atender a petición de subministración de gas, a empresa distribuidora Nedgia, S.A. presentou diante deste departamento territorial, entre outra, a seguinte documentación:
a. Proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións para a ampliación de rede AO DN 4” e nova acometida AO DN 2” de gas natural á industria Profand Cambre, S.L.U. en MOP 16 bar, no termo municipal de Cambre, asinado por Alejandra Risco Barba, enxeñeira técnica industrial química, núm. colexiado 25.430 de Madrid (COGITIM), o 21.4.2026, con declaración responsable do 21.4.2026 nos termos exixidos no anexo XIX do Decreto 51/2011, do 17 de marzo (DOG núm. 65, do 1 de abril) e no anexo I da Instrución 5/2012, do 15 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro).
Para a súa tramitación, á dita solicitude foille asignado o número de expediente administrativo IN627A 2026/001-1.
Segundo. Mediante o Acordo do 4 de xuño de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa da infraestrutura gasística de distribución, que foi publicada no DOG núm. 115, do 22 de xuño, no BOP da Coruña núm. 109, do 11 de xuño, e nos xornais La Voz de Galicia (23 de xuño de 2026) e La Opinión de A Coruña (23 de xuño de 2026).
Durante a fase de información pública non se achegaron alegacións. Unha vez rematada a tramitación do procedemento e consonte o artigo 82.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, prescíndese do trámite de audiencia.
Terceiro. Tendo en conta que no proxecto se reflicten afectacións a bens e dereitos do Concello de Cambre e Lyntia Networks, S.A., de conformidade co previsto no artigo 84 do Real decreto 1434/2002, do 1 de decembro, solicitouse o condicionado técnico destes organismos, e remitiuse a separata do proxecto.
Unha vez reiterado o condicionado técnico ao Concello de Cambre e Lyntia Networks, S.A., conforme o artigo 84 do Real decreto 1434/2002, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural (BOE núm. 313, do 31 de decembro), e transcorrido o prazo de dez días sen recibir resposta, considéranse aprobadas as especificacións técnicas propostas polo peticionario da instalación no proxecto de execución.
Así mesmo, cabe indicar que, de acordo co artigo 75 do Real decreto 1434/2002, as autorizacións a que se refire o presente título serán outorgadas sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Cuarto. O 7.9.2026, os servizos técnicos deste departamento territorial emitiron un informe favorable.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña é competente para resolver o presente expediente, ao abeiro do disposto no artigo 2 da Orde do 30 de novembro de 1999, da Consellería de Industria e Comercio, sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas (DOG núm. 244, do 21 de decembro), e o Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. A normativa de aplicación a este expediente é:
– Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos (BOE núm. 241, do 8 de outubro), modificada pola Lei 12/2007, do 7 de outubro (BOE núm. 158, do 3 de xullo), que ten por obxecto renovar, integrar e homoxeneizar a distinta normativa legal vixente en materia de hidrocarburos e dispón, entre outras materias, a ordenación da subministración de gases combustibles por canalización.
– Orde do 30 de novembro de 1999, da Consellería de Industria e Comercio (DOG núm. 244, do 21 de decembro), que regula o procedemento sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas e, no seu artigo 2 en particular, as competencias das delegacións provinciais (actualmente, departamentos territoriais), dentro do réxime de autorizacións administrativas das canalizacións de gas, agás a normativa derrogada a que se fai referencia nesta orde.
– Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización das instalacións de gas natural (BOE núm. 313, do 31 de decembro).
– Real decreto 919/2006, de 28 de xullo, polo que se aproba o Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e as súas instrucións técnicas complementarias ICG 01 a 11 (BOE núm. 211, do 4 de setembro), e, en particular:
• O disposto na ITC-ICG 01 Instalacións de distribución de combustibles gasosos por canalización, que ten como obxecto fixar os requisitos técnicos esenciais, as medidas de seguridade que deben observarse referentes ao proxectado, construción e explotación das instalacións de distribución de combustibles gasosos por canalización a que se refire o artigo 2 do citado real decreto, así como determinar as prescricións relativas ás probas que se deben realizar previamente á posta en marcha dos procedementos de operación, mantemento e control das instalacións.
3. As instalacións atópanse na rúa Espírito Santo, polígono industrial de Espírito Santo, concello de Cambre, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Rede de gas natural en aceiro 4” en MOP 16 bar de 164 metros de lonxitude, cuxa conexión inicial será a rede existente RAA-I015.1 en aceiro DN 4” MOP 16 bar, no concello de Cambre (A Coruña).
– Acometida de gas natural en aceiro DN 2” en MOP 16 bar de 8 metros de lonxitude, cuxa conexión inicial será a rede descrita anteriormente e cuxo fin será a industria Profand Cambre, S.L.U., no concello de Cambre (A Coruña).
– Instalacións auxiliares:
• 1 válvula de acometida de DN 2”.
• 1 válvula de seccionamento DN 4”.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Autorizar administrativamente e aprobar o proxecto de execución das instalacións de gas canalizado proxectadas e descritas nos antecedentes.
A autorización das instalacións concederase coas seguintes condicións:
a) A aprobación do proxecto de execución solicitada por Nedgia, S.A. outorgarase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
b) Antes do inicio das obras Nedgia, S. A. poñerá en coñecemento de todas as administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral con bens e dereitos ao seu cargo as respectivas afectacións que se estivesen a xerar coa execución das instalacións co fin de que poidan establecer os condicionados pertinentes. Así mesmo, deberán achegar a designación da razón social da empresa instaladora autorizada de gas que vai realizar as actuacións e o director de obra responsable delas.
c) Comunicar a este departamento territorial a data de inicio das obras, acompañada da documentación que acredite que dispoñen das autorizacións/licenzas/conformidades de todos os organismos ou empresas de servizos afectadas (no caso de que algunha empresa non conteste a súa solicitude, acreditarán o envío da información en tempo e forma), ou unha declaración responsable de ter realizado as solicitudes e dispor, de ser o caso, das citadas autorizacións/licenzas/conformidades.
d) A empresa distribuidora vixiará que as canalizacións de gas respecten en todo momento as exixencias dispostas nas autorizacións e/ou informes emitidos por outras administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral e, en particular, naquelas zonas en que no subsolo se encontren instalados outros servizos, tales como electricidade, telecomunicacións, subministración de auga, etc., as conducións do gas serán instaladas de xeito que se cumpran escrupulosamente as distancias de seguridade previstas nas súas respectivas normativas sectoriais.
e) De conformidade cos criterios e exixencias previstos na regulamentación vixente, deberanse instalar os elementos de seguridade que sexan necesarios, particularmente válvulas, coidando da súa accesibilidade.
f) Si durante a fase de execución das obras se tivesen que adoptar medidas técnicas non recollidas neste proxecto e antes da súa execución, deberase dispoñer da autorización deste departamento territorial.
g) Todas as modificacións efectuadas na fase de execución deberán ser previstas na dirección de obra, sempre e cando non superen un 20 % respecto ás instalacións incluídas neste proxecto, e só no que se refire ao cambio de trazado. Superado este límite, deberán achegar a correspondente addenda para a súa aprobación por parte deste departamento territorial.
h) Todas as ampliacións da rede de distribución de gas natural estará suxeitas á presentación da correspondente addenda para a súa aprobación por parte deste departamento territorial.
i) Este departamento territorial reservará para si o dereito a deixar sen efecto a autorización que se considere procedente emitir, no momento en que se comprobe o incumprimento das condicións regulamentarias ou de calquera das condicións precedentes.
j) O prazo de execución das instalacións é dun ano desde a publicación oficial desta resolución.
k) En cumprimento do artigo 6 da Orde do 30 de novembro de 1999, da Consellería de Industria e Comercio, a empresa distribuidora Nedgia, S.A. deberá comunicar con antelación a este departamento territorial as datas previstas para a realización das probas regulamentarias.
l) Para os efectos da posta en marcha provisional das instalacións, mediante dilixencia deste departamento territorial, presentarase un certificado da empresa distribuidora e da empresa instaladora da superación das probas regulamentarias realizadas baixo a supervisión do director de obra responsable delas, e o seu certificado de dirección de finalización da obra.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor un recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
A Coruña, 9 de setembro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
