Mediante a Resolución do 23 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declarouse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, unha instalación eléctrica no concello de Leiro (expediente IN407A 2026/068-3).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a persoa titular do predio que se relaciona no anexo para ser notificada por comparecencia, xa que non foi posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
A persoa interesada, ou o seu representante, deberá comparecer no prazo de dez días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez, 1, 3º, (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Logo de que transcorra o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación considerarase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 28 de setembro de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
ANEXO
Relación de persoas afectadas descoñecidas, de domicilio ignorado ou non notificadas
Núm. de expediente: IN407A 2026/068-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Instalación de reconectador TC no apoio número 65-10 da LMTA ALB804 (Leiro).
Situación: lugar da Ponte, parroquia de San Clodio, no concello de Leiro.
Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32041A034000220000KD.
Lugar: Francos.
Cultivo: monte baixo.
Persoa titular: descoñecida.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio número 65-10.
