Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio, e ao non ser posible a notificación prevista na citada norma, cítase aos titulares do predio relacionado no anexo para seren notificados por comparecencia da constitución, por parte da empresa beneficiaria, dos depósitos de pagamento do xusto prezo acordado mediante resolución do Xurado de Expropiación de Galicia e mais dos xuros de demora, relativos ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA TRI804 no tramo entre os apoios núm. 63 e 63-4, situada no concello de Chandrexa de Queixa.
As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres. Na comparecencia terán que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares do predio afectado e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ha ingresar a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Ourense, 2 de outubro de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con domicilio ignorado
ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2024/64-3.
Instalación: Regulamentación da LMTA TRI804 no tramo entre os apoios núm. 63 e 63-4.
Concello: Chandrexa de Queixa.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular/es |
Data do depósito |
|
3 |
Gándara |
32030A032007350000OO |
Herdeiros de Montserrat Rodríguez |
28 de setembro de 2026 |
