Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, logo de intentar esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmanse os titulares que figuran no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Adecuación LMTA BOV803 no tramo entre os apoios núm. 25-8 e núm. 25-8-3-CT, situada no concello de Vilamartín de Valdeorras.
Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requíreselles para que presenten perante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, na que concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e alegar o que coiden conveniente ao seu dereito. A devandita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.
Ourense, 2 de outubro de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2025/76-3.
Instalación: Adecuación LMTA BOV803 no tramo entre os apoios núm. 25-8 e núm. 25-8-3-CT.
Concello: Vilamartín de Valdeorras.
Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Data do depósito previo |
|
2 |
Atorjada |
32089A022003960000QX |
Descoñecido/a |
25 de setembro de 2026 |
