DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 15 de outubro de 2026 Páx. 52781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello de Barbadás (expediente IN407A 2025/3-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Adecuación LMTA SCV806 no treito entre os apoios números D209-19 e D209-23X1, na casa do concello de Barbadás, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no devandito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, logo da súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 2 de outubro de 2026

Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense

ANEXO

Relación de persoas afectadas descoñecidas, con enderezo ignorado
ou non notificadas

Número de expediente: IN407A 2025/3-3.

Instalación: Adecuación LMTA SCV806 no treito entre os apoios números D209-19 e D209-23X1.

Concello: Barbadás.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Convocatoria:

Data: 23 de novembro de 2026.

Lugar: casa do concello de Barbadás.

Hora: véxase a táboa.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Persoa titular

Hora

1

Canivelas

32009A016002320000UL

Descoñecida

13.05