A Consellería de Política Social e Igualdade publicou no ano 2023 a Orde do 27 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para prestar o servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia, para o período 2023-2027 e se convocan estes (código de procedemento BS214A).
O Diario Oficial de Galicia número 82, do 28 de abril de 2023, publica a Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se publica a Resolución do 21 de abril de 2023 de asignación de concerto social da prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia, para o período 2023-2027 (código de procedemento BS214A).
De conformidade co artigo 37.4 da Orde do 27 de febreiro de 2023, a revisión dos módulos económicos efectuarase mediante unha resolución ditada para o efecto polo órgano competente e que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.
Así, o 7 de outubro de 2026, ao abeiro do artigo 37.1.b) da Orde do 27 de febreiro de 2023, a persoa titular da dirección xeral con competencias en materia de persoas maiores e atención sociosanitaria dita a resolución de revisión dos módulos económicos establecidos na antedita Orde do 27 de febreiro de 2023.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar que se publique no Diario Oficial de Galicia o contido íntegro da Resolución do 7 de outubro de 2026 de revisión dos módulos económicos establecidos na Orde do 27 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para prestar o servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia, para o período 2023-2027 e se convocan estes (código de procedemento BS214A).
Segundo. Comunicar que a Resolución do 7 de outubro de 2026 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse un recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2026
Antonio Acevedo Prado
Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria
ANEXO
Resolución do 7 de outubro de 2026 de revisión dos módulos económicos establecidos na Orde do 27 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para prestar o servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia, para o período 2023-2027 e se convocan estes (código de procedemento BS214A)
O Diario Oficial de Galicia número 49, do 10 de marzo de 2023, publica a Orde do 27 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para prestar o servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia, para o período 2023-2027 e se convocan estes (código de procedemento BS214A).
O Diario Oficial de Galicia número 82, do 28 de abril de 2023, publica a Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se publica a Resolución do 21 de abril de 2023 de asignación de concerto social para prestar o servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia, para o período 2023-2027 (código de procedemento BS214A).
O artigo 37.1.b) da Orde do 27 de febreiro de 2023 establece que os módulos económicos poderán ser revisados cando se produza unha variación nos custos do servizo con respecto ás condicións económicas do concerto social, conforme o incremento anual do índice xeral do IPC con respecto ao exercicio anterior e, en todo caso, á alza.
A disposición derradeira primeira do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, referida ao réxime supletorio establece que no caso de dúbidas ou lagoas, para o non previsto neste decreto nin nas condicións establecidas para cada concerto social, para a execución destes se observarán as regras e os principios da normativa en materia de contratación pública que sexan compatibles con esta modalidade de xestión.
De conformidade co artigo 37.1.b) e coa disposición derradeira primeira do Decreto 229/2020, do 17 de decembro,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a revisión dos módulos económicos dos acordos de acción concertada para a xestión integral da prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia, para o período 2023-2027.
O incremento diferencial do financiamento será de 77.456,55 euros para as anualidades 2026 e 2027 segundo a seguinte desagregación por entidade e centro:
|
Entidade |
Centro |
2026 |
2027 |
Total |
|
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Afal Ferrolterra) |
Centro de Día de Alzhéimer de Ferrol |
6.963,00 € |
3.418,20 € |
10.381,20 € |
|
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Lugo (Afalu) |
Centro de Día de Alzhéimer de Lugo |
6.963,00 € |
3.418,20 € |
10.381,20 € |
|
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias do Morrazo (Afamo) |
Centro de Día de Alzhéimer de Moaña |
6.963,00 € |
3.418,20 € |
10.381,20 € |
|
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Pontevedra (Afapo) |
Centro de Día de Alzhéimer de Pontevedra |
6.087,84 € |
2.988,58 € |
9.076,42 € |
|
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Lugo (Afalu) |
Centro de Día de Alzhéimer de Ourense |
5.365,80 € |
2.634,12 € |
7.999,92 € |
|
Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer (Agadea) |
Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira |
6.087,84 € |
2.988,58 € |
9.076,42 € |
|
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Galicia (Afaga) |
Centro de Día de Alzhéimer de Vigo |
9.148,92 € |
4.491,29 € |
13.640,21 € |
|
Cruz Roja Española |
Centro de Día de Alzhéimer de Celeiro-Viveiro |
4.373,16 € |
2.146,82 € |
6.519,98 € |
|
Total |
51.952,56 € |
25.503,99 € |
77.456,55 € |
|
Este incremento financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 08.05.312D.228.1 (código de proxecto 2006-00435).
Segundo. Os novos módulos económicos son os seguintes:
|
Prezo/praza/día (sen IVE) |
|
|
Atención diúrna |
43,37 € |
|
Programa alzhéimer |
18,81 € |
|
Transporte |
13,79 € |
Terceiro. Os efectos económicos da revisión dos módulos económicos serán desde o 1 de maio de 2026 ata o 30 de abril de 2027.
As liquidacións sucesivas deberanse axustar aos novos módulos económicos. No caso de que se remitisen liquidacións cos prezos actuais durante o período de efectos da presente revisión, deberase acompañar a regularización das cantidades liquidadas conforme os novos prezos.
Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse un recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional terceira da Orde do 27.2.2023; DOG núm. 49, do 10 de marzo), Antonio Acevedo Prado, director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria.
