De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa identificada no anexo o acto que se indica, no marco dun expediente sancionador en materia de estradas (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia), logo de que fose devolto polo servizo de Correos ou ben por resultar descoñecida a persoa destinataria ou ben porque, intentada, non se puido efectuar a notificación.
Segundo se establece no artigo 46 da citada Lei 39/2015, a persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede deste departamento territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas (avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) se desexa examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU.
Pontevedra, 29 de setembro de 2026
José Manuel González González
Director territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
Precepto infrinxido |
Estrada |
|
115/25 |
53189013H |
Proposta de resolución |
61.2.h) |
PO-330, Vigo-Vincios |
