O Decreto 74/2026, do 29 de xuño, polo que se suprime o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, se crea a Axencia Pública Autonómica para o Control do Medio Mariño de Galicia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 130, do 14 de xullo), dispón no artigo 10 dos estatutos que os órganos de goberno da Axencia Intecmar son a Presidencia e o Consello Reitor.
O artigo 13.1.d) sinala que a persoa que ocupe a Secretaría do Consello Reitor será designada e nomeada polo Consello Reitor, por proposta da Presidencia, entre o persoal empregado público que preste servizos na Axencia Intecmar, e o artigo 13.2.d) sinala que nos casos de vacante, ausencia, enfermidade ou cando concorra outra causa legal xustificada, a persoa titular da Secretaría será substituída pola persoa nomeada polo Consello Reitor para estes efectos entre o persoal empregado público que preste servizos na Axencia Intecmar.
O Consello Reitor da Axencia Intecmar, debidamente convocado e validamente reunido en sesión constitutiva o día 1 de outubro de 2026, de acordo cos artigos 13.1.d), 13.2.c) e 14.d) dos estatutos da Axencia e por proposta da presidenta da Axencia, adoptou o seguinte acordo:
Nomear titular e suplente da Secretaría do Consello Reitor da Axencia Pública Autonómica para o Control do Medio Mariño de Galicia (Axencia Intecmar) as seguintes persoas:
Titular: Sagrario Castro Vidal.
Suplente: Susana Darriba Couñago.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2026
Marta Villaverde Acuña
Presidenta da Axencia Intecmar
