DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 16 de outubro de 2026 Páx. 52847

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 8 de outubro de 2026 pola que se convocan bolsas para a realización de prácticas académicas externas do programa ONCE-CRUE, dirixido ao estudantado con discapacidade no curso 2026/27.

BDNS (Identif.): 934356.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/934356

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado matriculado en centros propios ou adscritos da Universidade de Vigo en titulacións oficiais de grao ou máster universitario no curso 2026/27, cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % legalmente recoñecida polo organismo competente da Comunidade Autónoma.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta convocatoria é definir e poñer en marcha unha política integrada de responsabilidade social que englobe a cooperación internacional, o voluntariado, a igualdade, a sustentabilidade e a atención á diversidade, coa finalidade de facilitar o desenvolvemento de prácticas para estudantes universitarios con discapacidade que inclúan a realización de prácticas académicas externas remuneradas, facilitando o seu acceso a unha primeira experiencia laboral e mellorando así as súas oportunidades laborais e a súa carreira profesional.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución reitoral pola que se convocan bolsas para a realización de prácticas académicas externas do programa ONCE-CRUE, dirixido ao estudantado con discapacidade no curso 2026/27.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de oito mil euros (8.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 9 ata o 30 de novembro de 2026.

Vigo, 8 de outubro de 2026

A reitora da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 2.7.2026; DOG do 8 de xullo)
Rafael Comesaña Piñeiro
Vicerreitor de Transferencia, Innovación e Impacto Social