DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 20 de outubro de 2026 Páx. 53138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 5 de outubro de 2026, do Servizo do Litoral da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da concesión de ocupación do dominio público marítimo-terrestre para unha senda peonil e o acondicionamento ambiental do esteiro do Anllóns e da enseada da Insua, no concello de Ponteceso (A Coruña).

Este servizo está a tramitar a solicitude de concesión administrativa presentada polo Concello de Ponteceso para ocupar unha superficie de mil oitocentos corenta e dous con cincuenta metros cadrados (1.842,50 m²) do dominio público marítimo-terrestre, para unha senda peonil e o acondicionamento ambiental do esteiro do Anllóns e da enseada da Insua, no concello de Ponteceso (A Coruña) (referencia A-2025-125-C).

De conformidade co disposto no artigo 74 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (modificada pola Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sustentable do litoral, e de modificación da Lei de costas) e no punto 8 do artigo 152 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, sométese a información pública a solicitude de concesión da referencia co fin de que no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera persoa que se considere afectada pola dita solicitude formule por escrito as alegacións que considere convenientes.

A proposta que serve de base á solicitude e a documentación que a acompaña estarán dispoñibles para a súa consulta no seguinte enderezo web, dentro da área temática do Litoral de Galicia:

https://transparencia.xunta.gal/procedementos-de-informacion-publica

As alegacións presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse ao Servizo do Litoral do Departamento Territorial da Coruña da Consellería Medio Ambiente e Cambio Climático (código de identificación A12X03220).

A Coruña, 5 de outubro de 2026

Ignacio Maestro Saavedra
Xefe do Servizo do Litoral da Coruña