Tras advertir varios erros na devandita resolución, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 193, do venres 9 de outubro de 2026, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 52171, no antecedente de feito vixésimo cuarto, debe engadirse: «en cumprimento do apartado 5.1.2 da DIA».
Na páxina 52175, onde di:
«...composto polo documento Proxecto do parque eólico Porto Exterior da Coruña, asinado dixitalmente o 17.9.2025 polo enxeñeiro industrial José Luis Ovelleiro, colexiado núm. 1.937 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Aragón y La Rioja e visado o 17.9.2025 polo dito colexio».
Debe dicir:
«...composto polos documentos Proxecto do parque eólico Porto Exterior da Coruña, asinado dixitalmente o 17.9.2025 e visado o 17.9.2025, Proxecto de execución da ampliación da subestación Inditex 132/20 kV, asinado dixitalmente o 1.3.2024 e visado o 5.3.2024 e Proxecto de execución da liña subterránea 132 kV (subestación Inditex 20/132 kV-subestación Sabón 132 kV), asinado dixitalmente o 1.3.2024 e visado o 5.3.2024. Todos eles foron asinados polo enxeñeiro industrial José Luis Ovelleiro, colexiado núm. 1.937 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Aragón e La Rioja, e visados polo devandito colexio».
