DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 21 de outubro de 2026 Páx. 53263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 8 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución de concesión de ocupación de 489,70 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre, con destino á legalización de canalización de rede de saneamento, na rúa Extremeiro, no concello de Miño (A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise pública a resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, do 6 de outubro de 2026, pola que se outorgou a concesión da referencia coas seguintes condicións principais:

Titular: Concello de Miño.

Destino: legalización de canalización de rede de saneamento, na rúa Extremeiro, no concello de Miño (A Coruña).

Superficie: 489,70 m².

Prazo: 30 anos.

Canon: exento.

Poderá consultarse a resolución completa na seguinte ligazón: https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/2026/EXP-A-2025-520-C.pdf

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2026

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático