DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 22 de outubro de 2026 Páx. 53383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 8 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20260200VS-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 11 de setembro de 2026, a directora territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 20260200VS-PO contra a persoa titular do NIF 36093490G.

Tras intentar a notificación deste acordo de inicio consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido efectuarse, polo que mediante este anuncio notifícaselle á persoa titular do NIF 36093490G o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións ante este departamento territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, lembrándolle o seu dereito para consultar o expediente, depositado nas dependencias deste departamento, sito en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do devandito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, de acordo co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) del Boletín Oficial del Estado (BOE)

Pontevedra, 8 de outubro de 2026

María Dolores Bazán Arcay
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 20260200VS-PO.

NIF da persoa denunciada: 36093490G.

Último enderezo coñecido: lugar O Mosteiro, 46, 36842 en Pazos de Borbén, Pontevedra.

Feito imputado: suposta infracción do previsto no artigo 15 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 3/2026, do 30 de marzo, pola que se establecen medidas de prevención e protección integral contra a violencia no Sistema de saúde de Galicia.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 41.ter da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 3/2026, do 30 de marzo, pola que se establecen medidas de prevención e protección integral contra a violencia no Sistema de saúde de Galicia: «a) A falta de respecto ou insulto ás autoridades sanitarias e aos seus axentes e ás profesionais ou aos profesionais a que se refire o segundo parágrafo do punto 23 do artigo 3, ben como a quebra da relación de confianza durante o exercicio das súas funcións ou con ocasión destas, cando non constituír un infracción grave ou moi grave, sen prexuízo das consecuencias ou efectos procedentes desde o punto de vista penal e deontolóxico».

Sanción proposta: trescentos euros (300,00 €).