DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 22 de outubro de 2026 Páx. 53381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 7 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PA 242/26, en relación coa Resolución do 24 de xullo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, e pola que se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, convocados pola Orde do 5 de marzo de 2019 e polas resolucións do 12 de maio de 2021, do 30 de marzo de 2022 e do 6 de novembro de 2023.

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da praza número 1 da Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ferrol, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 242/26, en relación coa Resolución do 24 de xullo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), e pola que se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, convocados pola Orde do 5 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 49, do 11 de marzo) e polas resolucións do 12 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 94, do 21 de maio), do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril) e do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala, no prazo de nove días contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público
e Administración de Persoal