DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 22 de outubro de 2026 Páx. 53380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de outubro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para a redacción das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2022/270-1, no concello de Dumbría.

Para lle dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LAMT POT810 San Crimenzo-Olveira 10, entre os apoios 9CP31FTV//D53 e 9CKLU1H6//D53-6, no concello de Dumbría (expediente IN407A 2022/270-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do concello, segundo o calendario e horario aproximado que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto poderán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 9 de outubro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/270-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LAMT POT810 San Crimenzo-Olveira 10, entre os apoios 9CP31FTV//D53 e 9CKLU1H6//D53-6.

Concello: Dumbría.

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade

Data

Hora

4

A Fonte da Roza

15034A505001710000BM

Herdeiros de Áurea Amalia García García

11.11.2026

11.20