Ponse en coñecemento das persoas propietarias e demais interesadas na zona de reestruturación parcelaria de San Fiz de Paz (Outeiro de Rei-Lugo), declarada de utilidade pública polo Decreto 57/2021, do 25 de marzo (DOG núm. 65, do 8 de abril), o seguinte:
Primeiro. Con data do 24 de setembro de 2026, a directora xeral de Desenvolvemento Rural acordou:
• Aprobar as bases de reestruturación parcelaria da zona.
• Aprobar o Plan de ordenación de predios de especial vocación agraria da zona.
Segundo. As bases de reestruturación parcelaria e a aprobación do Plan de ordenación de predios de especial vocación agraria serán notificados individualmente a cada unha das persoas propietarias e estarán expostos ao público no concello de Outeiro de Rei e na páxina web da Consellería do Medio Rural:
https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos
Terceiro. De acordo co que dispoñen os artigos 20 e 27 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao de recepción da notificación individual ou publicación substitutiva.
Lugo, 8 de outubro de 2026
Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo
