De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar realizaranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado ás persoas titulares das empresas citadas no anexo sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
As persoas interesadas dispoñen do prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer un recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Gregorio Hernández, 2-4, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Advírteselles que, de non interpoñeren o recurso no tempo e na forma oportunos, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:
– As sancións notificadas antes do día 15 de cada mes aboaranse antes do 20 do mes seguinte ao da notificación.
– As sancións notificadas despois do día 15 de cada mes aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte ao da notificación.
De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
A Coruña, 8 de outubro de 2026
Juan José Couce Prego
Director territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
Acta inf. núm. |
Empresa |
Concello |
Materia |
Data da resolución |
|
RL2026/0343-1 |
I152026000066042 |
María Carmen Rodríguez Sande |
A Coruña |
Relacións laborais |
1.10.2026 |
|
RL2026/0396-1 |
I152026000066850 |
Enrique José Carro López |
A Coruña |
Relacións laborais |
1.10.2026 |
|
RL2026/0398-1 |
I152026000070991 |
Vanessa dos Santos dos Santos |
Cambre |
Relacións laborais |
1.10.2026 |
|
RL2026/0448-1 |
I152026000054827 |
Roberto Andrés Fernández Lagares |
Oleiros |
Obstrución |
1.10.2026 |
