De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de arquivo da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, dado que non foi posible a súa notificación por correo. A eficacia da resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As resolucións dos expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas, para que as poidan consultar, nas dependencias do Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida María Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.
Tales resolucións non esgotan a vía administrativa, polo que cabe formular contra elas recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, as resolucións serán firmes.
Pontevedra, 8 de outubro de 2026
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
|
PO-PR212A/2026/00276 |
53610097H |
|
PO-PR212A/2026/00671 |
44094085A |
|
PO-PR212A/2026/02174 |
53195875A |
|
PO-PR212A/2026/02244 |
35324383V |
