Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación correspondente á revisión da autorización ambiental integrada da planta de galvanización en quente por inmersión e termolacado en po no concello de Arteixo presentada por Retsa II, S.L., co fin de que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes.
A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (https://medioambiente.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
ANEXO
Expediente: 2024-IPPC-M-49.
Titular: Retsa II, S.L.
NIF: B15027170.
Domicilio social: Polígono Industrial de Sabón, avenida da Enerxía. Parcela 62, 15142 (Arteixo-Coruña).
Localización da instalación: polígono industrial de Sabón, avenida da Enerxía. Parcela 62, 15142 Arteixo (A Coruña).
Actividade: galvanización por inmersión.
Categorías da actividade: 2.3.c) do anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.
Descrición do proceso: na planta lévanse a cabo dous procesos de tratamento de superficies de materiais metálicos mediante galvanizado en quente por inmersión e termolacado en po.
O tratamento de superficies pode dividirse en operacións previas (recepción e almacenamento das pezas que se vaian tratar, reactivos químicos e materiais auxiliares necesarios; e tratamento mecánico da superficie co desengraxado, decapado, activado e lavado de pezas), proceso (tratamento de superficie mediante galvanizado ou lacado) e operacións finais (repaso, verificación, embalaxe e expedición).
Verteduras: xéranse as seguintes correntes de augas residuais:
• Augas residuais de proceso: non se producen.
• Augas residuais pluviais: son recollidas e canalizadas separadamente á rede de saneamento municipal.
• Augas residuais de uso sanitario: son vertidas á rede de saneamento municipal.
