DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 22 de outubro de 2026 Páx. 53377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 8 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, do traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do proxecto Reforma LMTA SAR804 no treito entre os apoios D76-36-X0 e D74-36-17, no concello do Incio (expediente IN407A 2024/173-2 ATE).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio, notifícaselles ás persoas interesadas na expropiación o traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se sinala no cadro anexo.

Lugo, 8 de outubro de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/173-2 ATE.

Denominación: Reforma LMTA SAR804 no treito entre os apoios D76-36-X0 e D74-36-17.

Traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello do Incio.

Núm. de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Titular proposto

1

6

309

Lama Mia

Prado

Eliseo Toirán Fernández

3

7

361

Piñeiro

Prado

Manuel Losada López

13

7

202

Barreiro

Prado

Descoñecido

27

7

163

Rigueiro

Monte alto

Descoñecido

37

7

125

Cubelas

Monte alto

Descoñecido