DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 22 de outubro de 2026 Páx. 53376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 8 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, do traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do proxecto Regulamentación LMTA PRS802 no treito entre os apoios 110 e 115, no concello de Pantón (expediente IN407A 2024/189 ATE).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio, notificáselles ás persoas interesadas na expropiación o traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se sinala no cadro anexo.

Lugo, 8 de outubro de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/189 ATE.

Denominación: Regulamentación LMTA PRS802 no treito entre os apoios 110 e 115.

Traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello de Pantón.

Núm. de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Titular proposto

2

49

511

Coedo

Monte alto

Descoñecido