DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 22 de outubro de 2026 Páx. 53374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 8 de outubro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2010/268-1, no concello de Rois.

Para lle dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, no concello de Rois (expediente IN407A 2010/268-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla, e que terá lugar nas dependencias administrativas do mencionado concello.

A Coruña, 8 de outubro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/268-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV DC Lousame-Tivo.

Concello: Rois.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data

Hora

211

A Fonte Porca

CMVMC Fonteporca

3.11.2026

10.20

216

A Fonte Porca

CMVMC Fonteporca

3.11.2026

10.20

219

A Fonte Porca

CMVMC Fonteporca

3.11.2026

10.20

221

A Fonte Porca

CMVMC Fonteporca

3.11.2026

10.20

348-6

A Estivada de Beca

Herdeiros de Manuel Framil Sorribas

6.11.2026

11.30

541

A Estivada Vella

Concepción Barreiro

4.11.2026

11.30

617

O Cacheiro

Manuel Zumalave Caneda e outros

4.11.2026

12.20

649

A Eira Nova

Lourdes Lens Grela

5.11.2026

10.55

687

Canle Batán

Manuel Zumalave Caneda e outros

4.11.2026

12.20