No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 184, do 25 de setembro de 2026, publicáronse integramente as bases aprobadas mediante o Decreto da Presidencia núm. 364/2026, do 21 de setembro de 2026, relativas á convocatoria para a cobertura da seguinte praza pola quenda de promoción interna do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña:
– Unha (1) praza de administrativo/a (grupo C, subgrupo C1, escala da Administración xeral, subescala administrativa).
O prazo de presentación será de vinte (20) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.
Carballo, 25 de setembro de 2026
Valentín González Formoso
Presidente do Consorcio Provincial
contra Incendios e Salvamento da Coruña
