DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 22 de outubro de 2026 Páx. 53424

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña

ANUNCIO de aprobación das bases e da convocatoria do procedemento de selección dunha (1) praza de técnico/a de xestión de Secretaría, Intervención e Tesouraría (subgrupo A2), pola quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 184, do 25 de setembro de 2026, publicáronse integramente as bases aprobadas mediante o Decreto da Presidencia núm. 365/2026, do 21 de setembro de 2026, relativas á convocatoria para a cobertura da seguinte praza pola quenda de promoción interna do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña:

– Unha (1) praza de técnico/a de xestión de Secretaría, Intervención e Tesouraría (grupo A, subgrupo A2, escala de Administración especial, subescala técnica).

O prazo de presentación será de vinte (20) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Carballo, 25 de setembro de 2026

Valentín González Formoso
Presidente do Consorcio Provincial
contra Incendios e Salvamento da Coruña