A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 18 de setembro de 2026, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Adxudicar os postos de traballo do Concello de Vigo que se indican a seguir, descritos no anexo I das bases específicas que rexen a convocatoria, a favor dos seguintes aspirantes:
|
240 Servizo de Patrimonio-posto 2400103 TAX-CD 26 |
|||
|
Preferencia |
DNI |
Apelidos e nome |
Puntuación |
|
1º |
***5555** |
Fernández Gabriel, Mª Isabel |
16,000 |
|
545 Recadación Executiva-posto 5450101 Recadador executivo-CD 26 |
|||
|
Preferencia |
DNI |
Apelidos e nome |
Puntuación |
|
1º |
***9014** |
Vázquez Míguez, José Carlos |
16,900 |
|
502 Inspección de Tributos-posto 5020102 Inspector de tributos TAX-CD 26 |
|||
|
Preferencia |
DNI |
Apelidos e nome |
Puntuación |
|
2º |
***2244** |
Domínguez Pereira, Beatriz |
12,995 |
|
120 Unidade de apoio ORSI-posto TAX-CD 26 |
|||
|
Preferencia |
DNI |
Apelidos e nome |
Puntuación |
|
3º |
***9243** |
Viturro Gómez, Marcos |
12,175 |
Segundo. A formalización da toma de posesión realizarase conforme a base décima da convocatoria.
Terceiro. A resolución da convocatoria publicarase no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no Diario Oficial de Galicia, e no taboleiro de edictos na sede electrónica do Concello.
Cuarto. Contra este acordo, de conformidade co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Vigo no prazo de dous meses, nos supostos, termos e condicións do disposto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. De interpoñerse recurso de reposición non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Vigo, 29 de setembro de 2026
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 25.9.2025
e Acordo da Xunta de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal
