A Xunta de Goberno Local, na sesión do 25.9.2026, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira, con cargo ás prazas vacantes ofertadas na oferta de emprego público de estabilización do emprego temporal de auxiliar administrativo/a; subgrupo C2, escala da Administración xeral, subescala auxiliar, de:
– Cremades Paz, P. ****954**.
– Da Rocha González, E.M. ****414**.
As persoas interesadas deberán tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia. De non facelo, se procederá a declaralas en situación cesante e consecuentemente decaídas no seu dereito.
A este nomeamento dáselle publicidade conforme o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.
Vigo, 29 de setembro de 2026
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 25.9.2025
e Acordo da Xunta de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal
