DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 22 de outubro de 2026 Páx. 53408

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO da convocatoria para cubrir, pola quenda de promoción interna, unha praza vacante de funcionario de carreira da escala da Administración xeral subescala administrativa.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 196, do 13 de outubro de 2026, publicáronse de forma íntegra as bases para cubrir, pola quenda de promoción interna, unha praza vacante de funcionario de carreira da escala da Administración xeral subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, incluída na oferta de emprego público do ano 2026 e mediante a Resolución da Alcaldía núm. 1829, do 15 de outubro de 2026, acordouse convocar o proceso selectivo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

O Barco de Valdeorras, 16 de outubro de 2026

Aurentino Alonso Araújo
Alcalde