O Pleno do Concello, na sesión do 9 de setembro de 2026, adoptou o seguinte acordo:
1º. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para fixación de aliñacións do solo urbano consolidado (UC1) de San Salvador de Bastavales, presentado por Teresa de Jesús Molino Pizarro, que actúa en representación de Única Espacios Eficientes, S.L., asinado polo arquitecto Francisco Javier Amenedo Ansede o 29.4.2026, na parcela con referencia catastral 7724111NH2472N0001KY, situada en San Salvador de Bastavales.
2º. Este acordo notificarase persoalmente aos interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Unha vez publicado o acordo no Diario Oficial de Galicia, remitirase á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia. Logo de que conste a inscrición no Rexistro, publicarase a normativa no Boletín Oficial da provincia, consonte o establecido nos artigos 199.4, 209.1, 212.2 e 215 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, do Regulamento de desenvolvemento da Lei 2/2016.
Contra ese acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Brión, 23 de setembro de 2026
Pablo Lago Sanmartín
Alcalde
