No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 164, do 28 de agosto de 2026, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do 6 de agosto de 2026, do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, relativas ás seguintes convocatorias:
– 2 prazas de técnico/a de medio ambiente (subgrupo A1) C.E. 6/26, quenda libre.
– 1 praza de técnico/a especialista de museos científicos (subgrupo C1) C.E. 15/25, quenda libre.
– 3 prazas de técnico/a superior de museos científicos (subgrupo A1) C.E. 17/25, quenda de promoción interna.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 29 de setembro de 2026
A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 31.7.2026)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía
e Planificación Estratéxica
