DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 22 de outubro de 2026 Páx. 53411

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dodro

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a execución do sistema xeral adscrito da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para delimitar un ámbito de solo urbanizable industrial.

Na Xunta de Goberno Local do mércores 9 de setembro, acordouse a aprobación definitiva do Proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a execución do sistema xeral adscrito da modificación puntual (en diante, MP) do Plan xeral de ordenación municipal (en diante, PXOM) de Dodro para delimitar un ámbito de solo urbanizable industrial. Establece a parte dispositiva do dito acordo o seguinte:

«Primeiro. Estimar a alegación presentada con data do 26.11.2025 e número de rexistro de entrada 202500000001863 por parte de Isaura Otero Río, ao abeiro do indicado no informe sobre alegacións á aprobación inicial, redactado polo arquitecto Isidro López Yáñez (colexiado núm. 2261) e a enxeñeira técnica agrícola Beatriz Blanco Lois (colexiada núm. 1909) e asinado con data do 31 de agosto de 2026, no cal se indica “tendo en conta o contido da alegación presentada, proponse continuar o trámite do procedemento de expropiación forzosa cos titulares afectados recoñecidos na relación de bens e dereitos afectados determinada e sometida a información pública, e que foi baseada nos datos obtidos do Rexistro da propiedade, todo iso en cumprimento da normativa en materia de expropiación forzosa”.

Segundo. Aprobar definitivamente o “Proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a execución do sistema xeral adscrito da MP do PXOM de Dodro para delimitar un ámbito de solo urbanizable industrial” redactado polo arquitecto Isidro José López Yáñez (colexiado núm. 2261) e a enxeñeira técnica agrícola Beatriz Blanco Lois (colexiada núm. 1909) e asinado con data do 27 de setembro de 2022.

Terceiro. Ter por declarada a utilidade pública dos bens e dereitos afectados segundo a modificación puntual do PXOM e o proxecto expropiatorio, así como a necesidade de ocupación dos terreos.

Cuarto. Manter a relación de ben e dereitos afectados pola expropiación, de acordo cos datos proporcionados polo Rexistro da propiedade, seguinte:

Nº de

predio

Ref. catastral

Titularidade

DNI

Superficie afectada

Outros bens afectados

Pleno dominio

Ocupación temporal

1

15033G501008550001RJ

Santiago Batalla Lorenzo

Descoñecido

13

18

1,5 m3 muro de formigón

5 ud. Poste de formigón

10 m maia de arame

Isaura Otero Río

***8893**

2

15033G501008560000EW

Nieves Cruces Morales

Descoñecido

35

28

63 Arboredo

Respecto do predio 1, constando no Rexistro da propiedade que os titulares son Isaura Otero Río e Santiago Batalla Lorenzo e sendo público e notorio o falecemento deste último, entender as actuacións coa titular indicada e cos herdeiros do titular falecido, en aplicación do artigo 7 da Lei de expropiación forzosa.

Quinto. O acordo de aprobación definitiva do expediente de expropiación por taxación conxunta implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, de conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e a ocupación comporta a necesidade do levantamento da acta nos termos contidos na lexislación estatal.

Sexto. Notificar o acordo adoptado ás persoas interesadas, conferíndolles un prazo de vinte días (20) durante o cal poderán manifestar por escrito ante o órgano expropiante a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado. En caso de desconformidade, darase traslado do expediente e da folla de valoración impugnada ao Xurado de Expropiación de Galicia.

De non manifestar a súa desconformidade no prazo sinalado de 20 días, entenderase determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 293.8 do RLSG).

Sétimo. Autorizar e dispoñer o gasto e recoñecer a obriga de pagamento polo importe de 927,83 € con cargo á aplicación orzamentaria 1531/60000 en concepto de xusto prezo correspondente ao “Proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a execución do sistema xeral adscrito da MP do PXOM de Dodro para delimitar un ámbito de solo urbanizable industrial”.

O pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 de artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do xusto prezo. Unha vez pagado o xusto prezo ou, no súa falta, consignado o prezo, poderase facer efectiva a ocupación dos terreos.

Oitavo. Dar traslado ao Ministerio Fiscal das actuacións relativas ao/s titular/es cuxo domicilio non puido ser localizado, remitíndolle certificación deste acordo e a documentación necesaria do expediente, para os efectos previstos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 291.5 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Noveno. Facultar a Alcaldía Presidencia para ditar os actos que sexan necesarios para a execución deste acordo.

Décimo. Publicar este acordo no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e no Portal de transparencia municipais, así como nun xornal dos de maior difusión da provincia».

O expediente poderase consultar na Casa do Concello de Dodro (Tallós 32, Dodro), de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas (cita previa solicitada no 981 80 20 62), así como no Portal de transparencia (https://sede.dodro.gal/sxc/es/portal_transparencia/)

Dodro, 25 de setembro de 2026

Francisco Xabier Castro Tourís
Alcalde