DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 22 de outubro de 2026 Páx. 53402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de outubro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Culleredo (expediente DH.W15.119427).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Felipe Luis Cobián Fernández de la Puente.

DNI: ***8244**.

Expediente: DH.W15.119427.

Lugar: Paradela.

Parroquia: Orro (San Salvador).

Concello: Culleredo.

Descrición das actuacións:

Recheo de terras e formación de bancais e reposición de dúas pequenas obras de drenaxe no lugar de Paradela, parroquia de Orro (San Salvador), no concello de Culleredo.

O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 13 de outubro de 2026

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte