DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 23 de outubro de 2026 Páx. 53437

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 107/2026, do 15 de outubro, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 9.e) do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores de Galicia, UXT-Galicia, o 2 de outubro de 2026,

DISPOÑO:

Un. Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores de Galicia, UXT-Galicia, José Carlos Rodríguez del Río.

Dous. Que cese como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores de Galicia, UXT-Galicia, Ana Mª Pereiro Mourelo.

Santiago de Compostela, quince de outubro de dous mil vinte e seis

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente