En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores de Galicia, UXT-Galicia, o 2 de outubro de 2026,
DISPOÑO:
Un. Nomear como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores de Galicia, UXT-Galicia, a Ana Mª Pereiro Mourelo.
Dous. Nomear como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores de Galicia, UXT-Galicia, a María Isabel González Jardón.
Santiago de Compostela, quince de outubro de dous mil vinte e seis
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
